ESTEBAN

ACTIVIDADES REALIZADAS CO ALUMNADO - ESTEBAN CALVIÑO, PROFESOR DE MATEMÁTICAS

  • Supervisión das medicións na nosa estación meteorolóxica, algúns venres con 4º PDC.
  • Nesta presentación recóllese o traballo do alumnado.


 
  • Traballo na aula, na clase de Matemáticas co alumnado de 3º ESO, para elaborar  representacións gráficas (chuvia, temperaturas máxima e mínima, oscilación térmica...), con comparativas dos nosos datos e doutras dúas estacións (Cervantes e Vigo).
  • Traballo na aula, na clase de Ámbito Científico co alumnado de 4º PDC, para elaborar representacións gráficas a partir dos datos da velocidade do vento.
  • Nesta presentación observamos o traballo do alumnado.



  • Na seguinte presentación aparece o tratamento gráfico dos datos, a análise dos mesmos e as conclusións.



  • Traballo co alumnado de 1º ESO, no Proxecto Interdisciplinar, de varios temas relacionados co tempo atmosférico: "no cine tamén chove" visionando e analizando filmes con temática atmosférica¨; ollando vídeos para explicar algúns fenómenos característicos de Muxía ( mar de fondo e mar de vento, últimos raios de Sol en Cabo Touriñán...).
  • Esta é a presentación co traballo desenvolvido.


 
 


 

  • Participación co alumnado de 1º ESO e de 4º PDC, en ExpoMeteoro, exposición cedida por MeteoGalicia e que foi solicitada polo Departamento de CSXH. Tivémola no noso centro uns días do mes de abril.
  •  Nesta presentación pode ollarse a exposición no noso centro coa que, os alumnos melloraron a súa formación en Meteoroloxía.